top of page

A violencia de xénero: moito máis que o maltrato físico

Para esta primeira práctica decidín facer unha infografía sobre a violencia de xénero. Intentei incorporar na visualización a definición e as cifras desta realidade a modo de contexto, para logo incluír os tipos e os signos do maltrato (non só do físico) e información de axuda a todas aquelas mulleres que poidan ser vítimas. Aínda que non empregara esta ferramenta con anterioridade, o seu manexo pareceume bastante intuitivo, polo que as principais dificultades foron o propio deseño da infografía e da súa estrutura, xa que tamén decidín facela sen usar ningunha plantilla. Á súa vez, tamén requiriu unha certa complexidade condensar a información que atopei, así como intentar facer os contidos máis visuais mediante o uso de símbolos e iconas.

A peza tamén pode visualizarse a través deste enlace.



1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 27, 2021

En liñas xerais hai que dicir que o traballo está ben organizado, xa que esa estrutura de bloques identificados con fondos de diferente cor apórtalle dinamismo. Ben empregadas as cores (teñen sentido coa temática, logras contraste e funcionan ben en conxunto) e ben empregados tamén os símbolos que entran a formar parte da narración.


A nivel de estilo, poderíase modificar esa ligazón do final eliminando o https://... e quedándonos só co nome da institución ou cun violenciagenero.igualdad.gob.es que convertiriamos nun link. Simplemente para eliminar ese tipo de partes da ligazón que son útiles para os ordenadores pero que a nivel usuario xa nos dan un pouco igual.


Like
bottom of page