top of page

A toda vela pola Ría de Vigo

Para esta primeira infografía decidín representar as últimas rutas que fixo este ano o volanteiro "Piueiro" pola Ría de Vigo. Tiña claro que quería que destacara a embarcación e houbese pouco texto, pero era necesario explicar que é o volanteiro e o significado do nome. Así, custoume buscar o lugar ideal para incorporar as pezas de texto e que a imaxe principal quedara ben integrada e a transición da imaxe á cor de fondo non fose moi brusca. Tamén cambiei en moitas ocasiós os primeiros datos que resumen a actividade, tanto a ubicación dentro da infografía como o fondo. O maior problema que atopei foi que Infogram ten un límite de imaxes e para poder incorporar un percorrido visual polas zonas máis destacados que se poden observar durante a travesía tiven que facelo en Adobe Illustrator e despois incorporalo como unha única imaxe.



1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 24, 2021

No plano visual da distribución dos elementos e as cores empregadas é un traballo moi claro e que funciona perfectamente. Mesmo a xente que, como pode ser o meu caso, chega por primeira vez a esta historia pode comprender perfectamente a temática.


O único punto no que sinalaría un certo potencial de mellora é na segunda metade do traballo, pois queda espazo para aportar datos sobre eses espazos que se visitan durante o percorrido. Algúns deses espazos en branco poderían servir para dar un par de datos de relevancia sobre estes elementos como adianto do que as persoas que decidan subir ao barco poderán atopar durante a travesía.

Like
bottom of page