top of page

A residencia no estranxeiro

Actualmente existen milleiros de persoas que se desprazan a outros países por motivos de todo tipo. Este número de persoas que residen no estranxeiro tanto de xeito temporal como permanente crece anualmente xunto coa globalización. Por iso, con esta práctica intento amosar o número de españois que residen no resto de países do mundo e unha imaxe global da poboación estranxeira tanto en España como ao longo de Europa. Así, empreguei tres tipos de visualización:

-De dispersión. Mostra a nacionalidade da poboación estranxeira en España por Comunidades. Ademais, ofrece unha imaxe deste dato ao longo dos anos, polo que se pode observar a evolución da estranxería en España. Os datos están recollidos do INE.




-De xerarquía. Amosa unha visión da orixe da poboación estranxeira entre os países de Europa, separando ademais por sexo. Os datos proveñen de Eurostat.



-Mapa. O mapa mundial deixa ver os cidadáns españois que residen en todos os países do mundo. Os datos tamén son do INE.



As maiores dificultades deste traballo foron o volume dos datos e as dificultades na web de Eurostat para ordealos, filtralos e descargalos. Ademais, dentro da ferramenta Flourish tiven que curiosear bastante para lograr a visualización que quería xa que non é tan intuitiva como outras coas que traballamos anteriormente.





1 comentario


angelvizoso
angelvizoso
07 ene 2022

Este traballo comeza a codearse cos da categoría de big data. Un par de filas e columnas máis e xa case poderiamos comezar a etiquetalo deste xeito. Aínda que esta é só unha pequena broma (para meternos no terreo do big data xa faría falta moitísimas máis entradas na nosa base de datos), si que é certo que son tres proxectos moi ricos en información. Isto constituía un reto á hora de ver como era posible representala, pero creo que esa dificultade está ben superada.


O gráfico de dispersión contén moitísima información, pero a súa presentación está ben solventada da man da cor. Ademais, aínda que podías quedarte cunha foto fixa dun momento concreto, apostas por amosar a evolución a…


Me gusta
bottom of page