top of page

A reapertura da mina Touro – O Pino: beneficios económicos, perigo natural




A realización da Práctica 1. supuxo o achegamento inicial ao uso das técnicas infográficas como formas de comunicación visual, neste primeiro caso, poñendo o foco sobre unha área máis ben informativa, cun propósito expositivo e divulgativo. Dende o primeiro momento, a idea elixida era deseñar unha representación ilustrativa e ordenada da información referida. Para iso, a maqueta está divida en 4 bloques horizontais, agrupando datos explicativos en diferentes categorías: titular e introdución, contexto, posicións en contra, posicións a favor. A paleta de cores recolle unha combinación de diferentes tonalidades grises e vermellas, o que derivou nunha problemática á hora de destacar o texto nalgunhas partes, e disimular o fondo noutras, que finalmente foi arranxada salteando cores. Salvando estes pequenos contratempos, xunto co resumo da información máis relevante, e a súa posterior adaptación ao molde, non xurdiron maiores complicacións, máis aló de idear un modelo intuitivo, cunha orde clara, explicativo, harmónico e sobre todo, o máis sinxelo posible.


Por Alba Lea Duro.

1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 24, 2021

En xeral está moi ben resolta a temática. Tal e como sinalas no teu comentario, con esta historia está sempre presente o risco de abusar do texto. Como norma xeral non caes neste perigo, especialmente na primeira metade do proxecto, onde identificar os elementos con diferentes cores, destacados e acompañado das iconas suaviza a carga "de letra" que puidera haber.


No plano das cores, a paleta elixida é axeitada e funciona ben en conxunto. Só habería que revisalas no parágrafo relativo á Asociación "Mina Non". O gris que empregas para a silueta da árbore contrasta ben co fondo e ese é o único punto no que se está a empregar o blanco en todo o proxecto, co que introduce un…


Like
bottom of page