top of page

A influencia da Covid-19 no tráfico aéreo

Para a cuarta práctica decidín unir o monotema permanente nos medios de comunicación (a Covid-19) e o turismo. Emprego tanto datos deste ano coma do 2019 para comparar coa situación previa á súa chegada. Asimesmo, tento comparar a situación en España e Europa, polo que utilicei datos de Eurostat e dos informes anuais de Aena. Por tratarse dun tema relacionado co mundo aéreo decidín empregar unha gama cromática baseada en cores azuis.


Comezo coa gráfica de libre elección, que é ao mesmo tempo o elemento con datos máis xerais, pero tamén máis definitorio do impacto da coronavirus. Trátase dun mapa coroplético das provincias de España nas que se mostra a variación interanual de pasaxeiros. Este é o único caso no que se rompe a harmonía cromática, xa que empreguei a cor verde para resaltar un dato moi significativo: os casos nos que a Covid-19 aumentou o número de pasaxeiros. Á hora de traballar cos datos (extraídos dos informes anuais de Aena do 2019 e do 2020) esta foi a gráfica máis complexa, xa que nestes informes apórtanse os datos de pasaxeiros anuais por aeroportos. Polo tanto, tiven que encadrar cada aeroporto dentro dunha provincia e unha vez tidos os datos dos dous anos calcular a variación interanual.

A segunda gráfica é a de dispersión, na que decidín centrarme na influencia da terceira vaga, por ser a máis letal. Neste caso non tomei todos os aeroportos, senón os que dispoñían de maior tránsito de pasaxeiros, xa que nos demais a variación non era notable.

Por último, na gráfica de xerarquía decidín empregar datos de Europa para contextualizar o gráfico anterior coa situación dos aeroportos españois no continente. O principal problema co que me atopei no traballo de limpeza dos datos foi que tiven que indicar a que país pertencía cada aeroporto europeo. Asimesmo, tamén tiven que desbotar moitos por falta de datos.




1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Jan 11, 2022

Pois realmente non hai moito que dicir, pois o traballo cos datos é excepcional e moi abundante. Tamén a programación dos materiais e a representación visual dos datos.


Non hai erros nin espazos que trasladen a sensación de erro e os tres gráficos teñen pleno sentido. Só cabe dar a noraboa e animarte a seguir nesta liña no proxecto final.


Moi ben executado! Sorte nos exames!🍀

Like
bottom of page