top of page

A enerxía renovable e a contaminación

Actualizado: 27 dic 2021

Para esta cuarta práctica decidín traballar o uso das enerxías renovables e a contaminación ambiental das diferentes actividades, co fin de aportar unha panorámica xeral sobre estes temas. A nivel nacional, escollín o INE para tratar as actividades que xeran un maior impacto ecolóxico, en función da sustancia química que as produce:


Para a fonte internacional escollín Eurostat, pois é a máis adecuada para este tipo de traballos. Empreguei estes datos para o mapa cromático (no relativo ao ano 2016) e a dispersión (comparando a evolución no uso de fontes renovables entre o 2012 e o 2019), xa que se prestan mellor para agrupar as cifras en función do país:



En xeral, os problemas viñeron á hora de traballar coa xerarquía e o mapa, xa que o gráfico de dispersión é algo máis sinxelo e permite algo menos de personalización. No caso da xerarquía, tratei de buscar todos os datos posibles para poder aportar un nivel máis (intentando cruzar datos de diferentes anos por exemplo), pero era moi complicado e penso que houbera quedado todo moi “forzado”, de forma que tratei de presentalo dunha forma sinxela.


No caso do mapa, ao principio foi complicado traballar cos popups á hora de meter as bandeiras de cada país, pero unha vez collín o truco xa foi todo bastante rodado. Polo demais, non tiven grandes problemas xa que é unha ferramenta intuitiva e que ofrece bastantes posibilidades.












1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Dec 30, 2021

Hai algunhas cousiñas de presentación que empañan un chisco un bo traballo cos datos, comezando polo feito de que ningún deles trae a túa sinatura! Lembra asinar os traballos sempre!! 😜


No gráfico de dispersión sería recomendable facer uso dos popups para coñecer o dato exacto que hai en cada puntiño. No estado actual non obtemos a cifra exacta, senón unha aproximación a partires da posición de cada un dos elementos na escala. Poder dar o dato exacto sen cargar de números a presentación é unha das grandes vantaxes de facer materiais interactivos, polo que sempre que temos a oportunidade debemos aproveitala.


En canto ao mapa, habería que comezar por eliminar os puntiños que trae a plantilla predefinida para as…


Like
bottom of page