top of page

A Coruña a ollos de Pardo Bazán

Para a segunda entrega da materia decidín elaborar un mapa infográfico sobre A Coruña, mais dende o punto de vista da escritora Pardo Bazán, a continuación paso a valorar a miña experiencia.


En primeiro lugar teño que dicir que a miña intención era poñer o mapa nunha vista satélite posto que, ao falar de rúas e puntos concretos da cidade a finais de 1800, penso que é curioso comprobar a diferencia que existe entre a Coruña na que viviu a escritura e a que hoxe día nos atopamos dunha forma máis gráfica.


O primeiro que fixen foi decidir as localizacións, a dicir verdade pensei que ía ser unha tarefa máis sinxela pero ocupou gran parte do meu tempo. Finalmente separei as localizacións en tres tipos: puntos da cidade que Pardo Bazán plamou na súa obra literaria, especialmente en La Tribuna; lugares e edificios no que a condesa viviu, e nos que polo tanto escribiu gran parte da súa obra; e por último, puntos da cidade en honor á literata que manteñen viva a súa memoria.


Para axudar ao lector a diferenciar as diferentes rutas unín os puntos con liñas ademais de aplicarlles a mesma cor. Isto é algo moi relevante no traballo xa que puntos como a Torre de Hércules, o Pazo de Meirás e o Castillo de Santa Cristina, desmárcanse moito do centro do mapa, polo que vin convinte darlles peso dalgunha maneira; por este motivo tamén empreguei o texto en negriña nestes puntos estratéxicos.


As cores que empreguei foron azul, amarela e negra pola bandeira da cidade, quizais foi unha aposta arriscada xa que ao non poder poñer o mapa satélite o amarelo pode non ser moi diferenciable. Con todo, estou moi satisfeita co meu traballo.


No que respecta ás fontes destaco: La Voz de Galicia, El Español Y La Tribuna





1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Nov 14, 2021

Moi ben resolta, tanto a nivel visual coa separación por cores, como no plano do contido. Todas as tarxetas ou puntos aportan información relevante e nunha medida moi compensada, o que fai que a súa consulta sexa dinámica. Ben tamén no relativo á organización por grupos e a consecuente aparición dun menú, pois permite navegar de xeito moi cómodo e eficiente polo traballo. Moi ben resolto, noraboa!

Like
bottom of page