top of page

20 sitios aos que ir unha vez na vida

Nesta segunda práctica decidín afastarme un pouco do ámbito local ou nacional e buscar un tema que abordase unha temática global. Viaxar é unha das grandes afeccións de moita xente e un mapa que mostrara aqueles lugares máis impresionantes para ver pode ser unha moi boa opción para que os viaxeiros teñan a golpe dun vistazo unha idea de aqueles sitios que poden visitar.


Para a elaboración do mapa cinguinme as indicacións e diferenciei os espazos en función da súa extensión. Se só se refire a un lugar en concreto está indicado cun punto, se recorre unha extensión seguindo unha dirección empreguei a liña e se o espazo que ocupa é amplo e extenso o polígono. Ademais en cada lugar hai un pequeno texto que explica porque ese lugar está na lista e un enlace á paxina oficial de cada sitio. Desta forma os usuarios poden obter máis información sobre a paraxe, como conseguir entradas, como chegar, horarios etc.


Por outra banda, debido ás limitacións no número de imaxes, só ilustrei aqueles espazos que son un único punto, xa que do resto unha única imaxe non sería representativa de todo o que podes atopar neles. Por último, os lugares están divididos por continentes para, desta forma, facilitar a busca. Para a súa visualización o ideal sería que o mapa estivera na opción Satellite (sen etiquetas).


O principal problema que tiven ao facer o mapa foi o feito de localizar cada punto no seu lugar concreto e ter que ir cambiando de mapa para ver o resultado. O feito de usar unha visión global fixo máis complicado encontrar os puntos exactos nos que hai que localizar cada lugar. Por isto, si que se me fixo un pouco pesado en canto ía avanzando no mapa. Con todo, estou contenta co resultado.





1 comentário


angelvizoso
angelvizoso
06 de nov. de 2021

Tiñas diante de ti un reto, pois representar elementos a escala global non adoita ser sinxelo. Con todo, está moi ben conseguido e non hai problemas de perda de información por mor de que non sexa visualizada. Ademais, o menú que organizas é moi eficiente, pois esa división por continentes axuda a dotar de eficiencia o traballo.


No plano do contido, máis do mesmo. Todas as tarxetas teñen información relevante e, sobre todo, moi medida. Deste xeito é posible facer un percorrido por todos os espazos dos que falas sen que nos inunden os datos ou a información (que, se queremos, podemos ampliar a través do hipertexto que introduces).


Como aspectos que poderían albergar algunhas das modificacións sinalaría dous. Poderí…

Curtir
bottom of page