top of page

11-S: as vítimas

Elaborei a miña primeira infografía sobre as vítimas mortais dos atentados do 11 de setembro de 2001 en Nova York, Washington D.C. e Pennsylvania. A través desta infografía mostro diferentes formas de categorizar ás vítimas mortais dos atentados, para que o público saiba de onde procedían, onde faleceron, etc. e non quedarse soamente nun número. Traballei nela como "empregado" do Museo Nacional do 11 de Setembro, o museo localizado na zona cero dos atentados no World Trade Center.


No respectivo á elaboración da infografía, partín dunha plantilla de Infogram, pero cambiei tantos elementos que case non se recoñece a plantilla orixinal. Utilicei unha paleta de cores sobria -dada a natureza do tema a tratar-, con tonos escuros (grises e negros para os fondos) e cunha cor destacada (verde escuro azulado) que contrasta ben co fondo sen chegar a ser rechamante. Fixen uso de referencias ás Torres Xemelgas no deseño, incluíndo dúas liñas coa forma das torres sobre o fondo da infografía para darlle profundidade, e tamén no nome da mesma, utilizando a forma das torres como número 11 en 11-S. Ademais utilicei varios iconos sacados de páxinas coma Noun Project para ilustrar a infografía sen utilizar imaxes. Tamén introducín elementos interactivos para facer máis atractiva a visualización.


A parte máis complicada da elaboración desta infografía foi quizais a escolla do deseño. Como xa mencionei, a natureza do tema non da lugar a deseños chamativos ou con cores demasiado vivas, por medo a frivolizar un tema tan serio. Por tanto, tiven que pensar ben en que deseño podería combinar mellor as miñas ideas coa natureza da proposta. Outro elemento complicado foi a elaboración de algunhas ilustracións, coma as dos avións, aos cales lle tiven que meter os números manualmente, facendo que botase de menos un editor integrado máis completo. Polo demais, penso que puiden representar máis ou menos as miñas ideas, ainda que todo se pode mellorar, por suposto.




1 Comment


angelvizoso
angelvizoso
Oct 26, 2021

En xeral, a nivel visual a estrutura é moi acertada, xa que esa idea de presentación por bloques funciona moi ben neste tipo de traballos. No plano das cores e das iconas utilizadas, o mesmo. Toda a razón en que a escolla de cores era complexa, pois non é unha temática que se preste a determinadas tonalidades. A gama elixida é acertada porque é sobria, pero logras aportar contraste (aínda empregando cores que tenden a ser escuras).


O único que habería que revisar é o mapa do final, xa que é un pouco raro que nos apareza que no 11-S os Estados Unidos non sufriron perdas (aínda que che pido que me corrixas se me equivoco). É sempre moi importante…

Like
bottom of page